• Voltar
  • O gran libro dos medos do rato pequeno
  • Emily Gravett
O gran libro dos medos do rato pequeno Abre o libro

O gran libro dos medos do rato pequeno

Emily Gravett

Distiquifobia, fagofobia, e a vella acrofobia: todo o mundo ten medo a algo, aínda que parece que o rato protagonista de Gravett é quen máis medos ten. O libro ten o intelixente formato dun caderno ou un diario que escribe o rato pequeno. Neste libro atopamos a frase: "Ti tamén podes superar os teus medos a través do uso da arte!". Logo deste frase, segue unha lista case enciclopédica de medos, cada un na súa propia páxina, con abundancia de espazo para a resposta do rato pequeno. Gravett aumenta as posibilidades deste caderno con engadidos deliciosos, unha postal, unha carta, un mapa enteiro.
Por exemplo, cando o rato pequeno di: "Non me gusta estar só, ou ás escuras", os lectores van aprender mirando para o ángulo superior dereito que este sentimento se chama "Isolofobia (Medo da soidade)." A páxina oposta é negra coma o breu, e os ollos nerviosos do rato pequeno escintilan co medo. Outros momentos son máis puramente divertidos, como a historia dos tres ratiños cincenses que perderon o rabo, o que ao rato pequeno lle dá moito medo, pois tenmedo aos coitelos.
Ainda que os nenos non superen os seus medos de vez, este libro guiaraos no camiño para racionalizalos, ademais de ensinarlles unha chea de vocabulario.

Fonte

28 páxinas

ISBN: 978-84-936842-7-3

14,00 €

Emily Gravett

Comprar
 
Emily Gravett

Emily Gravett

Emily Gravett é a autora e ilustradora de The Rabbit Problem, Dogs, Spells, The Odd Egg, O gran libro dos medos do Rato Pequeno (ganador do premio Kate Greenaway Medal), Monkey and Me e Meerkat Mail. O seu primeiro libro, Wolves, foi o gañador da Medalla Kate Greenaway e o  Boston Globe/ Horn Book Honor Award á ilustración. O seu segundo libro, Orange Pear Apple Bear, un dos finalistas Premio Quills e finalista da Medalla Kate Greenaway, foi nomeado un dos mellores libros do ano polo Publishers Weekly e o mellor libro do ano polo Kirkus Reviews. Emily vive en Brighton, Inglaterra, co seu compañeiro, a súa filla, e o can da familia.

Foto: Mark Hawdon

Fonte

Páxina de Emiily