• Voltar
  • Na busca dun fogar
  • Vivianne Schwartz
  • Alexis Deacon
Na busca dun fogar Abre o libro

Na busca dun fogar

Vivianne Schwartz, Alexis Deacon

Tradutor/a:  Laura Sáez, Mónica Pazos 

Un álbume ilustrado épico sobre un bravo grupo de irmáns, perdidos e buscando un novo fogar. Atoparano, a través do mar, as montañas, o deserto, a través de labirintos interminables e alén do borde do mundo onde bestas estrañas están á espreita?

E van conseguir permanecer xuntos?

E como saben cara a onde van, se levan todos cascos de protección?

Descubre neste libro, que me fixo rir como ningunha outra cousa que nunca ilustrara (de aí que as liñas estean retortas no libro), e que escribiu Alexis Deacon, porque el sabe que o máis me gusta debuxar son hámsters heroicos.

Publicado por Walker Books no o Reino Unido e outros editores excelentes noutros lugares.

Fonte

28 páxinas

ISBN: 978-84-936842-5-9

14,00 €

Vivianne Schwartz

Alexis Deacon

Comprar
 
Vivianne Schwartz

Vivianne Schwartz

Nacín en Alemaña e medrei nunha pequena cidade que tiña un gran museo do botón. Había tamén un gran bosque próximo, e unha autoestrada moi grande.
Cando era un bebé gustábanme tanto os libros que os comía, e cando descubrin que había persoas que os facían, decidín facer os meus propios, para probar.
Ao medrar pasei moito tempo inventando e facendo cousas coa miña familia - esculturas, máquinas, monicreques, teatro, super-8 animacións ... nós moitas veces iamos a museos e atopabamos novas ideas para cousas para facer, e logo iamos directamente para a ferretería para conseguir áis mateiais e ferramentas.
Eu tamén escribía e debuxab historias de aventura (meu pai escribíaas a máquina e facía libros para enviarllas ás miñas tías e tíos).

Ler máis na súa páxina web

 

 
Alexis Deacon

Alexis Deacon

Alexis Deacon formouse en 2001 licenciándose con matrícula de honra en ilustración na Universidade de Brighton. Antes de rematar os seus estudos gañou o premio Brill Burt e Cardens para segundo mellor alumno na súa Universidade en 2000.
O Alexis ten o desexo de debuxar desde que ten memoria, "eu probablemente levo debuxando compulsivamente dende a idade de 3 ou 4”. Sempre que se cansaba de xogar cun xoguete en particular cando era neno, en vez de coller outro xoguete, como faría a maioría dos nenos, el collía un caderno e seguía o xogo a través de liñas no papel. Os libros infantís favoritos de Alexis son Little Nemo por Winsor McCay e Ondo viven os monstros por Maurice Sendak. Tamén lle gusta o traballo dos autores e ilustradores William Steiger, Quentin Blake, Raymond Briggs e John Burningham.

Ler máis aquí

Dereitos da foto

Esta é a súa páxina web